Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12367

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de marzo de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013.

En virtude da Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 16 de febreiro de 2015 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 7 de abril de 2015 ás 10.30 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

De conformidade coa base IV.7, a aspirante da quenda de promoción interna terá preferencia sobre os/as aspirantes da quenda de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúase do disposto no punto anterior a aspirante da quenda de promoción interna que, de acordo co establecido na base IV.7 da convocatoria, poderá tomar posesión da praza que estivese a desempeñar con carácter definitivo cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios/as pertencentes aos corpos ou escalas a que accedan, de acordo co disposto no artigo 63 do TRLFPG. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, en redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro de destino

Centro directivo

Concello

1

FCA010000015770002

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

2

FCA010000015770003

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

3

FCA010000015770004

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

4

FCA010000015770006

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

5

FCA010000015770007

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

6

FCA010000015770008

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela