Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo aos servizos de deseño, transporte, organización, montaxe e desmontaxe das salas de degustación da Secretaría Xeral do Mar en distintos certames coas entidades galegas no exterior que se van celebrar no ano 2015 (expediente 2/2015). Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) nun 75 %.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, transporte, organización, montaxe e desmontaxe das salas de degustación da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames coas entidades galegas no exterior que se van celebrar no ano 2015.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21538

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 222, do 19 de novembro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 135.000,00 €, IVE (21 %): 28.350,00 €. Importe total: 163.350,00 €.

Valor estimado: 135.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 17 de febreiro de 2015.

b) Adxudicataria: In9 Eventos, S.L. NIF B70205687.

c) Importe: 135.580,50 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 27.2.2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar