Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de vixilancia e seguridade en dependencias e bens mobles adscritos a esta consellería en Vilaxoán (expediente 6/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade en dependencias e bens mobles adscritos á Consellería do Medio Rural e do Mar en Vilaxoán (Pontevedra).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21626

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 249, do 30 de decembro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 123.966,94 €, IVE (21 %): 26.033,06 €. Importe total: 150.000,00 €.

Valor estimado: 185.950,41 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de febreiro de 2015.

b) Adxudicataria: Vigilancia Integrada, S.A., NIF: A78917465.

c) Importe: 140.058,95 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 26.2.2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar