Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12547

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de marzo de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, da aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), requirida a aspirante para elixir destino e comunicado por ela o posto elixido, esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, a María Emma Franco Abuín, con DNI 33850340K, e adxudicarlle como destino definitivo o que figura no anexo, de acordo coa elección manifestada pola interesada.

Para adquirir a condición de funcionaria, a persoa a que se refire o anexo desta orde deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Cons.

Denominación

Niv.

Subgrupo

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

33850340K

Franco Abuín, María Emma

EDC995030227001011

ED

Técnico/a medio/a de arquivos

16

A2

Servizos periféricos

Arquivo Xeral Territorial de Lugo

Lugo

Axudante sección arquivo (R.I.).