Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12543

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Pública Cesga), subscrita no exercicio 2015.

1. Encomenda de xestión para a prestación de servizos de cálculo intensivo e de comunicacións destinados a manter un servizo de predición operativo.

– Actividade: servizos de cálculo intensivo e de comunicacións para que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de la Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación, poida manter un servizo de predición operativo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Fundación Pública Cesga a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia, de conformidade co Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 12 de marzo de 2015 e rematará o 31 de decembro de 2015.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda finánciase con fondos propios.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico de la Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas