Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12544

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o ano 2015, á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nunha porcentaxe máxima dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (PO tema 3.50).

1. Encomenda de xestión relativa ás obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia, confinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder 2007-2013. Tema prioritario 3.50.

– Actividade: recollida, clasificación e retirada de residuos a xestor autorizado segundo o tipo de residuo, ou perfilado e acondicionamento dos residuos inertes, e a revexetación mediante o estendido de terra vexetal y sementeira con especies pratenses. Inclúense a carga e transporte de residuos ao centro xestor, levantamento GPS do punto de vertedura, reportaxe fotográfica anterior e posterior á execución, e elaboración e redacción de informes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Seaga a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto no punto 2 do artigo 1 da instrución conxunta das consellerías de Economía e Facenda e do Medio Rural, sobre o réxime das encomendas á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., do 19 de marzo de 2007.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 18 de febreiro de 2015 e rematará o 31 de decembro de 2015.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda finánciase nun 80 %, a través Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, encadrándose no tema prioritario 3.50, rehabilitación de zonas industriais e terreos contaminados.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas