Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (609/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 609/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Jesús Sanjurjo Ferreiro, María Jesús Iglesias Figueira, María Mar Suárez Suárez, Mhirta Manteiga Rivas, Neves Pampín Martínez, Pilar Mosquera de la Iglesia contra a empresa Indipunt, S.L., Textil Bastian, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 136/2015.

Número de autos: 609/2012.

A Coruña, 6 de marzo de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xuzgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante María Jesús Sanjurjo Ferreiro, María Jesús Iglesias Figueira, María Mar Suárez Suárez, Mhirta Manteiga Rivas, Neves Pampín Martínez, Pilar Mosquera de la Iglesia, que comparecen asistidos do letrado Sr. David Pena Díaz, e doutra, como demandado, Indipunt, S.L., que comparece representada e asitida polo letrado Sr. Iago Romero Sánchez, Textil Bastian, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que a pesar de estar citadas en legal forma non comparecen.

Decido:

Que estimando en parte a demanda interposta polas demandantes María Jesús Sanjurjo Ferreiro, María Jesús Iglesias Figueira, María Jesús Suárez Suárez, Mhirta Manteiga Rivas, Neves Pampín Martínez e Pilar Mosquera de la Iglesia, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Textil Bastian, S.L., a que aboe 3.760,26 € a favor da Sra. Sanjurjo, 3.814,96 € a favor da Sra. Iglesias, 4.064,44 € a favor da Sra. Suárez, 4.760,80 € a favor da Sra. Manteiga, 5.007,42 € a favor da Sra. Pampin e 715,40 € a favor da Sra. Mosquera.

Absólvese a Indipunt, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a mesma só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe polo maxistrado xuíz se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Textil Bastian, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de marzo de 2015

A secretaria xudicial