Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12571

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (303/2012).

Mónica Piñera Magdalena, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fai saber que foi ditada sentenza o 11 de decembro de 2014 por Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de filiación nº 303/2012 promovidos por María del Carmen López Verduga, representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva e asistida do letrado Manuel Ferreiro Casal e, como demandados José Manuel Pan Bouzas, Rosa María Bouzas Gómez, María Josefa Bouzas Gómez, todos eles sen representación procesual nin asistencia letrada; Gloria Pan Bouzas, representada polo procurador Santiago Gómez Martín e asistida do letrado Celestino Gesto Alonso; Domingo Bouzas Rey, en situación procesual de rebeldía, e fillos de Ramiro Bouzas Rey, tamén en situación procesual de rebeldía.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante este edicto notifícase a Domingo Bouzas Rey e fillos de Ramiro Bouzas Rey, en paradoiro descoñecido, e aos cales, así mesmo, se lles fai saber que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial