Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12569

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (PO 2/2014).

Procedemento de orixe: /

Sobre outras materias

Demandante: Miguel Palomo López

Procurador: Santiago López Sánchez

Avogado: Julio López Taboada

Demandado: Luis Álvarez García

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento ordinario 2/2014, seguido por instancia de Miguel Palomo López, contra Luis Álvarez García, sobre os cales, por resolución de data se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 11/2015.

«Sentenza.

Betanzos, 23 de xaneiro de 2015

Vistos por min, Roberto Barba Alvedro, en xuízo oral e público, os autos do xuízo ordinario nº 2/2014, dito sentenza con base no seguintes.

Decido:

Estimando integramente a demanda presentada polo procurador Julio López Sánchez, en nome e representación de Miguel Palomo López, e asistido pola letrada María Victoria Camparada Rodríguez, contra Luis Álvarez García, en rebeldía procesal, debo condenar e condeno a Luis Álvarez García, a aboar a Miguel Palomo López, a cantidade de 10.544,30 €, engadindo a esta cantidade o custo de retirar a árbore con axuda dun guindastre, segundo a valoración realizada e indicada na páxina cuarta e quinta do informe pericial (Doc. 10), todo iso máis os xuros.

Condénase ás custas do xuízo á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que admite recurso de apelación que deberá interpoñerse no prazo de 20 días e do cal coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese o presente edicto ao mazo de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais.

Así por esta miña a sentenza, ditada en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Encontrándose o dito demandado, Luis Álvarez García, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Betanzos, 6 de febreiro de 2015

O/a secretario/a xudicial