Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12567

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (611/2014).

NIG: 15078 42 1 2014 0002480

Divorcio contencioso 611/2014

Procedemento orixe sobre divorcio

Demandante: Francisco Vicente Martínez Rial

Procuradora: María Teresa Outeiriño Acuña

Avogada: Eva María Gondelle Garazo

Demandada: Pelagia Galeano Avalos

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 611/2014, seguido por instancias de Francisco Vicente Martínez Rial, contra Pelagia Galeano Avalos, nos cales, por resolución de data, se acordou:

«Resolvo que, considerando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Outeiriño Acuña en nome e representación de Francisco Vicente Martínez Rial, asistido da letrada Gondelle Garazo contra Pelagia Galeano Avalos, maior de idade, identificada nos autos con NIE nº X5984715T, declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes no día 5.2.2010 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 105, páxina 177, sección 2ª do Rexistro Civil desa localidade, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorrido máis de tres meses de matrimonio e a disolución do réxime económico matrimonial.

Firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na DA 15º da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe».

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

O/a secretario/a xudicial