Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de marzo de 2015 pola que se empraza a interesada para o trámite de audiencia no expediente PO-2006/030.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, notifícase a persoa que se sinala no anexo para o trámite de audiencia no expediente de incautación parcial da garantía constituída en relación co contrato de obras de construción de 12 vivendas na Choupana-Cangas, Pontevedra.

O expediente está á disposición da interesada na Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central s/n, Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta cédula. Durante o mesmo prazo, a interesada poderá presentar a documentación, alegacións e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PO-2006/030.

Interesada: PGP International Inc. Corporación Financiera.

Último enderezo coñecido: rúa Porto Rico número 48 baixo, 28016 Madrid.

Acto notificado: trámite de audiencia en procedemento de incautación de garantía.