Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 4 de marzo de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución pola que se revoga a denegación da ampliación do período de subsidiación do préstamo por adquisición da vivenda usada/protexida, situada na avenida Castilla, 80, 1º B, 32600 Verín (expediente O-AQ-0124/07).

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícase a resolución pola que se revoga a denegación da ampliación do período de subsidiación do préstamo por adquisición de vivenda usada/protexida, situada na avenida Castilla, nº 80, 1º B, 32600 Verín (expediente O-AQ-0124/07), á persoa interesada que se relaciona no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da citada Lei 30/1992.

Ourense, 4 de marzo de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

José Luis Gómez Rodríguez.

Avenida Castilla nº 80, 1º B, 32600 Verín.

Resolución pola que se revoga a denegación da ampliación do período de subsidiación do prestámo por adquisición de vivenda usada/protexida (expediente O-AQ-0124/07).