De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 2 de marzo de 2015
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
| Expediente | Interesado | Acto notificado | Acto adoptado por | 
| CON-PO-0134/2014-V | Rebeca Rodríguez Piñeiro | Resolución | Xefe territorial | 
| ANP-PO-0194/2014-V | María Josselym Larralde Marín | Proposta de resolución | Instrutor | 
| ANP-PO-0197/2014-V | Héctor Eladio Martínez Gayo | Proposta de resolución | Instrutor | 

