Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00085-S-2015 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Son informados de que teñen dereito a alegar por escrito, ante o Servizo de Mobilidade, o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00085-S-2015

4284-DDN

Policía municipal 294477

José Manuel López Groba

34870915V

Sobre A Veiga, 22, Veiga

36730 Tomiño, Pontevedra

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

31.10.2014; 7.55; avenida Gran Vía

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-00086-S-2015

4284-DDN

Policía municipal 2944777

José Manuel López Groba

34870915V

Sobre A Veiga, 22, Veiga

36730 Tomiño, Pontevedra

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

30.10.2014; 7.55; avenida de Galicia

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-00087-S-2015

4284-DDN

Policía municipal 294477

José Manuel López Groba

34870915V

Baro Sobre A Veiga, 22

36730 Veiga, Tomiño

Pontevedra

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

30.10.2014; 7.55; avenida de Galicia

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-00219-O-2015

OU-4634-U

Garda Civil 3603 T20654Z

Pablo Hernández Jiménez

54230600G

Monte Calvario, 10, baixo

36313 Vigo, Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

10.11.2014; 16.40; A-55; 18,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-03077-O-2014

5614-CHW

Garda Civil 3601 A91977R

Transportes Aitivan, S.L.

B36534402

Chan de Gándara, nº 38

36890 Mondariz, Balneario

Pontevedra

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

23.9.2014; 10.17; PO-532: 6,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03669-S-2014

2819-DBT

Policía Municipal 294522

Compras Urbanas, S.L.

B27761642

1ª Travesía Baixada á Salgueira, 31

36204 Vigo, Pontevedra

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos
7.10.2014; 16.15; rúa México con rúa Venezuela

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros