Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 5 de marzo de 2015 pola que se notifican as resolucións acordadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (expediente TUSAN1 2013/124-1 e cinco máis).

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), que, intentadas polos medios habituais, non se puideron efectuar.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situada na estrada de Santiago-Noia km 3, A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición, ante a titular da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2013/124-1.

Sancionado: Juan Regueiro Gende.

NIF: 32756760E.

Último enderezo: avenida José Antonio, nº 81, 1º A.

Localidade: Ordes (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/179-1.

Sancionada: Ocio da Ama, S.L.

NIF: B15867054.

Último enderezo: rúa do Camiño Inglés, nº 15, Santa Cristina.

Localidade: Oleiros (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901 euros.

Expediente: TUSAN1 2014/073-1.

Sancionada: María Dolores Lafuente Llerena.

NIF: 35424878W.

Último enderezo: praza de Abastos, s/n, postos 78-83.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 950 euros.

Expediente: TUSAN1 2012/014-4.

Sancionada: Don Pepone, C.B.

NIF: E94041787.

Último enderezo: rúa Abundancia, nº 8, baixo dta.

Localidade: Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: caducidade.

Expediente: TUSAN1 2014/013-4.

Sancionada: Viajes Miño España, S.L.U.

NIF: B94007440.

Último enderezo: rúa Casal Aboy, nº 1, baixo.

Localidade: Tui (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigos 110.10 e 110.19 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 4.000 euros.

Expediente: TUSAN1 2014/027-4.

Sancionada: Chapelaviajes, S.L.

NIF: B27749928.

Último enderezo: rúa Barcelona, nº 12, baixo.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Resolución: multa de 901 euros.

Comunícaselles que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e son, polo tanto, executivas, polo cal deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia