Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo, suxeito a regulación harmonizada, de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial en Augas de Galicia, provincia de Ourense (clave OH.932.814.SV).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.932.814.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial en Augas de Galicia. Ourense.

c) CPV (Referencia de Nomenclatura): 71317200-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial da Unión Europea núm. S115, de 18 do xuño; Diario Oficial de Galicia núm. 115, de 18 do xuño, e Boletín Oficial del Estado núm. 153, de 24 do xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 816.697,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 408.348,50 euros. Importe total: 494.101,68 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 281.229,61 euros. Importe total: 340.287,83 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia