Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 2015/006-1).

Expediente: IN407A 2015/006-1.

Solicitante: Electra del Narahío, S.L.

Denominación: Centro de Transformación Polígono Industrial II.

Concello: San Sadurniño.

Características técnicas:

• Dúas celas de AT con aparellaxe de corte e illamento en SF6.

• Unha cela de protección do transformador

• Transformador trifásico de clase B2, tensión de servizo 15/20 KV e illante de aceite mineral, de 400 kVA de potencia

• Un cadro de baixa tensión con catro saídas.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro do 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña