Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade de urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2014/215-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT Outeiro 2.

Situación: Bueu.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 319 metros de lonxitude, con orixe no apoio número C87-108 da LMT LOZ808B, entre as derivacións aos CCTT A Barraca e Outeiro, e final no CT proxectado Outeiro 2. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no lugar do Norte, Bueu.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 12 de decembro de 2014, no BOP do 16 de decembro de 2014, no xornal Faro de Vigo do 2 de decembro de 2014 e no taboleiro de anuncios do concello de Bueu. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data do 30 de decembro de 2014 José Ramón Fernández Villas presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación coa instalación LMT, CT Outeiro, as cales son remitidas á empresa peticionaria para que, pola súa vez, realice as alegacións que considere pertinentes.

Una vez examinadas as alegaciones formuladas por ambas as partes, conclúese o siguiente:

O artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, refírese á imposición de servidumes de paso de liñas eléctricas, e non é de aplicación á expropiación dunha parcela para a instalación dun centro de transformación ou cualquera equipamento necesario.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquer outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 9 de marzo de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra