Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13555

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se actualiza o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.

Os calendarios de vacinación infantil son unha das medidas de probada efectividade no control das enfermidades transmisibles e a súa sistematización a través dos programas de vacinación supón unha das principais contribucións ao benestar dos cidadáns reducindo a incidencia das enfermidades fronte ás cales protexe así como a mortalidade asociada a elas.

Mais os programas de vacinación deben ser áxiles e dinámicos, capaces de dar resposta aos cambios que se produzan. Por todo isto, o Programa galego de vacinación traballa permanentemente na procura da mellor protección, a accesibilidade de todos á vacinación e o cumprimento do calendario para todos os nenos galegos.

Nesta liña, o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde na súa reunión do pasado 14 de xaneiro de 2015 revisou e aprobou cambios no calendario vacinal común. O Programa galego de vacinación, baseándose nas recomendacións técnicas ao respecto, considera necesario actualizar o calendario de vacinación infantil, adaptándose así aos acordos acadados no Consello Interterritorial.

Os cambios que se van realizar no calendario oficial galego faranse dun xeito gradual no tempo, xa que as condicións loxísticas e orzamentarias non permiten a factibilidade dun cambio único.

De conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e as súas competencias, é responsabilidade da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a planificación, coordinación e a xestión das actividades do Programa galego de vacinación e a difusión de información sobre o programa, así como o desenvolvemento de programas sanitarios e de prevención de problemas de saúde con especial repercusión na Comunidade Autónoma de Galicia. Por todo isto,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación que queda como segue:

Vacinas/idade

0

Meses

2

Meses

4

Meses

6

Meses

12

Meses

18

Meses

3

Anos

6

Anos

12

Anos

14

Anos

Vacina hepatite B: VHB

VHB (1ª d.)

VHB (2ª d.)

VHB

(3ª d.)

Vacina da difteria, tétano e tose ferina de tipo acelular: DTPa

DTPa (1ª d.)

DTPa

(2ª d.)

DTPa

(3ª d.)

DTPa

(4ª d.)

dTpa

(5ª d.)

Vacina inxectable da polio: IPV

VIP

(1ª d.)

VIP

(2ª d.)

VIP

(3ª d.)

VIP

(4ª d.)

Vacina do Haemophilus influenza tipo b: Hib

Hib

(1ª d.)

Hib

(2ª d.)

Hib

(3ª d.)

Hib

(4ª d.)

Vacina fronte ao meningococo C

MCC

MCC

MCC

Vacina pneumocócica conxugada

PNC

(1ª d.)

PNC

(2ª d.)

PNC

(3ª d.)

Vacina fronte ao sarampelo, rubéola e parotidite (triple vírica): TV

TV

(1ª d.)

TV

(2ª d.)

Vacina fronte á varicela

VVZ

(1)

Vacina fronte ao virus do papiloma humano: VPH

VPH

(2)

VPH

(3)

Vacina do tétano e da difteria tipo adulto: Td

Td

(1) Persoas que refiran non ter pasado a enfermidade nin recibido esta vacina con anterioridade.

(2) Unicamente rapazas, 2 doses: 0, 6 meses. Desde o 1 de xaneiro de 2016.

(3) Manterase tamén a vacinación aos 14 anos durante 2016 e 2017 para as rapazas que están agora en idades entre 12 e 14 anos.

Segundo. Incorporar ao calendario de vacinación infantil a vacina antipneumocócica conxugada que empezará a aplicarse o 1 de abril de 2015.

Terceiro. Modificar a idade de administración da vacina fronte ao virus do papiloma humano (VPH) aos 12 anos. Esta medida empezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2016. Co fin de garantir o acceso a esta vacina para as adolescentes galegas que están en idades entre 12 e 14 anos manterase tamén a vacinación aos 14 anos durante 2016 e 2017.

Cuarto. A presente resolución será de aplicación o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública