Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtreito I: punto quilométrico 0+000-3+250 (clave PO/12/070.01.1. (E/011/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 34 981 54 49 86.

5º. Telefax: 34 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22324 (prego de cláusulas administrativas particulares e cadro de características). Tamén se poderá obter o prego de cláusulas administrativas, o cadro de características, o proxecto e o soporte dixital na copistaría Copy Nino, rúa dos Feáns, nº 19 e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 34 981 58 89 38.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: 27 de maio de 2015.

d) Número de expediente: PO/12/070.01.1. (E/011/2015).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtreito I: p.q. 0+000-3+250.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

Localidade e código postal: Pontevedra.

e) Prazo de execución: 24 meses.

f) Clasificación: grupo G, subgrupo 1, categoría f. Grupo B, subgrupo 3, categoría f.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 45233000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 16.310.260,61 euros, sen IVE. IVE: 3.425.154,73 euros. Importe total: 19.735.415,34 euros.

b) Valor estimado: 16.310.260,61 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver punto H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2 A) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: 27 de maio de 2015.

b) Modalidade de presentación: –.

c) Documentación que hai que presentar: ver do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

e) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Edificio Administrativo San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a que se sinale no perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22324 (con dous días hábiles de antelación á realización do acto público).

9. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6 de abril de 2015.

11. Outras informacións:

a) Tamén se poderá obter o prego de cláusulas administrativas, o cadro de características, o proxecto e o soporte dixital na copistaría Copy Nino, rúa dos Feáns, nº 19 e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 34 981 58 89 38.

b) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

c) Modalidades básicas de financiamento ou de pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.5.1. Aboamentos ao contratista, do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

e) Información complementaria: tipo de poder adxudicador: Administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

f) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre B (oferta técnica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22324, con dous días hábiles de antelación á realización do acto público na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A apertura do sobre C (proposición económica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22324, con dous días hábiles de antelación á realización do acto público na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B ou C, reflectirase a nova data no perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es./resultado.jsp?N=22324

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas