Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, multicriterio, das obras de renovación do pavimento sintético do anel da pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra (expediente 1/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: obras de renovación do pavimento sintético do anel da pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.

c) Prazo de execución: 5 semanas de acordo coas condicións establecidas no proxecto.

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPA: 42.99.12 Obras deportivas e recreativas.

f) CPV: 45236119-7 Traballos de reparación de campos de deportes.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e multicriterio.

4. Valor estimado: 299.244,49 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 299.244,49 €, IVE (21 %): 62.841,34 €. Importe total: 362.085,83 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído): 14.962,22 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Ourense, núm. 6, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 26 25 e 981 54 26 06. Fax: 981 54 26 39.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22265.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil ou sábado o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte, sita na rúa Ourense, núm. 6, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Ourense, núm. 6.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte