Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2013/00601 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento das súas solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de marzo de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/Pasaporte

AC-2013/00601

Johan Henry Marinovic Silva

Paula Canosa Seijas

17786607-7

79338863H

AC-2013/00804

Mileydis Tomás Pérez

José Manuel Gutiérrez Tojo

X8938516A

32823885X

AC-2014/00306

Patricia Mrozek

Ramón Carreño Paz

Y0909851P

78801757P

AC-2014/00448

Wennis Marte Pérez

María Isabel Rojas Peralta

A20413203

47402605L

AC-2014/00455

Vanesa Caneiro Bouzamayor

Amador Vargas Barrul

05290282Y

32645928G