Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14072

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 3ª Civil da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (recurso de apelación 168/2014).

Peza: recurso de apelación (LACN) 168/2014

RPL 168/2014-S

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 357/2011

Recorrente: Círculo Mercantil e Industrial, Club de Campo de Ferrol

Procuradora: Ana Belén Seco Lamas

Avogado: Raúl Meizoso Sardiña

Recorrida: Camilo Ares, S.L. (rebelde)

No presente procedemento RPL 168/2014 seguido por instancia do Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo de Ferrol, contra Camilo Ares, S.L., foi ditada a sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Número 294/2014.

Presidenta:

María-Josefa Ruiz Tovar.

Maxistrados:

María-José Pérez Pena.

Rafael-Jesús Fernández-Porto García.

A Coruña, 10 de outubro de 2014.

Visto o presente recurso de apelación tramitado baixo o número 168/2014, pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos maxistrados que anteriormente se relacionan, interposto contra a sentenza ditada no 19 de decembro de 2011, rectificada por auto do 2 de xaneiro de 2012, polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, nos autos de procedemento ordinario que se tramitou ante o devandito xulgado baixo o número 357/2011, e no cal son partes:

Como apelante, o demandante Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo, con sede en Ferrol, parroquia de Serantes, lugar de Pazos, con número de identificación fiscal G-15 027 410, representado pola procuradora Ana-Belén Seco Lamas, e dirixido polo avogado José-Raúl Meizoso Sardiña.

Como apelado, a demandada Camilo Ares, S.L., con domicilio social en Neda (A Coruña), rúa Sartego, 18, con número de identificación fiscal B-15 817 505, actualmente en ignorado paradoiro e en situación procesual de rebeldía.

Versa a apelación sobre liquidación de contrato de arrendamento de obra.

Resolvo:

Polo exposto, a Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña resolve:

1º. Estímase parcialmente o recurso de apelación interposto en nome da demandante Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo, contra a sentenza ditada o 19 de decembro de 2011, rectificada por auto do 2 de xaneiro de 2012, polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, nos autos do procedemento ordinario seguidos co número 357/2011, e no cal é demandada Camilo Ares, S.L.

2º. Confírmase a sentenza apelada no substancial, ben que se revoga o pronunciamento terceiro, no senso de haber lugar á compensación entre a cantidade debida polo Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo a Camilo Ares, S.L. (238.445,27 €) e a fixada na resolución de primeira instancia como debida pola demandada á demandante (209.917,05 €) e, por tanto, declarar que o Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo debe a Camilo Ares, S.L. a cantidade de vinte e oito mil quiñentos vinte e oito euros con vinte e dous céntimos (28.528,22 €), sen prexuízo de terceiro.

3º. Non se impoñen as custas xeradas polo recurso.

4º. A estimación do recurso leva unida a devolución do depósito constituído para apelar. Proceda o secretario do xulgado da instancia para expedir mandado de devolución a favor da procuradora que representa o Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo polo importe do depósito constituído.

5º. Notifíquese esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela, ao se ditar nun procedemento tramitado por razón da contía e sendo esta inferior a 600.000 euros e superior a 3.000 euros, pode interporse recurso de casación, conforme o previsto no ordinal 3º do artigo 477.2 da Lei de axuizamento civil (na redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro), fundado en presentar interese casacional, podendo formularse conxuntamente recurso extraordinario por infracción procesual, para o seu coñecemento e resolución pola Sala Primeira do Tribunal Supremo. É inadmisible a interposición autónoma e única de recurso extraordinario por infracción procesual. O recurso deberá acomodarse ao disposto no articulado da Lei de axuizamento civil e ao establecido na disposición derradeira décimo sexta desta; tendo en consideración o acordo da Sala Primeira do Tribunal Supremo do 30 de decembro de 2011, e os reiterados criterios xurisprudenciais sobre admisión de recursos. Presentarase ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte á notificación.

Alternativamente, e incompatible cos recursos mencionados no parágrafo anterior, se se considerar que esta resolución, exclusivamente ou xunto con outros motivos, infrinxe normas de dereito civil de Galicia, pode interporse recurso de casación, no cal poderán incluírse motivos procesuais, para ante a Excelentísima Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o previsto no artigo 478 da Lei de axuizamento civil e na Lei 5/2005, do 25 de abril, do Parlamento de Galicia. Presentarase ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte á notificación.

Co escrito de interposición deberá xuntarse xustificante de ter constituído previamente un depósito por importe de cincuenta euros (50 €) por cada clase de recurso na conta de depósitos e consignacións desta sección, na entidade Banco Español de Crédito, S.A., coa clave 1524 0000 06 0168 14 para o recurso de casación, e coa clave 1524 0000 04 0168 14 para o recurso extraordinario por infracción procesual.

Conforme o establecido na Lei 10/2012, do 20 de novembro, co escrito de interposición tamén deberá achegarse o xustificante de pagamento, debidamente validado, da taxa polo exercicio da potestade xurisdicional nas ordes civil, contencioso-administrativa e social, por unha cota tributaria fixa de 1.200 euros, incrementada na parte variable da cota que establece o artigo 7.2 da citada lei, requisito sen o cal non se poderá dar curso ao escrito.

6º. Unha vez firme a presente resolución, expídase certificación para o Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, con devolución dos autos.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

E encontrándose a dita demandada, Camilo Ares, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto a fin de que sirva de notificación en forma a esta, facendo entrega do presente edicto á procuradora Sra. Seco Lamas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de outubro de 2014