Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14076

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas

EDICTO (436/2011).

No procedemento de referencia ditouse sentenza do teor literal seguinte:

«En Ponteareas o dezaseis de decembro de dous mil trece.

Vistos por Inés Nicolás Herrera, xuíza titular de Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas, os presentes autos de procedemento ordinario, n° 436/2011, seguido entre partes, dunha, como demandante, Comunidade de Propietarios Edificio Botica, Darío Martín García, Mercedes Conde Cid, Gustavo Daniel Díaz Pérez, María Nieves Hidalgo López, Manuel Cobas Bello, Luís Carlos Fernández Amado, Daniel Tienda Castro e David Vázquez Ucha dirixidos polo letrado Pablo Avalo Ibarlucea e representados polo procurador José Marcos Benito Varela García-Ramos e doutra, como demandados a entidade Fincas Cañiza, S.L., en rebeldía procesual, Pablo Ortiz Uribarri, representado pola procuradora Mercedes García Gómez e asistido polo letrado Alberto Martín Menor, e Francisco Iglesias Rodríguez, representado pola procuradora Josefa Fernández Piñeiro e asistido polo letrado Domingo Estarque Vila, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Estimo parcialmente a demanda deducida polo procurador José Marcos Benito Varela García-Ramos, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Edificio Botica, Darío Martín García, Mercedes Conde Cid, Gustavo Daniel Díaz Pérez, María Nieves Hidalgo López, Manuel Cobas Bello, Luis Carlos Fernández Amado, Daniel Tienda Castro e David Vázquez Ucha fronte á entidade Fincas Cañiza, S.L., Pablo Ortiz Uribarri e Francisco Iglesias Rodríguez, con base nos seguintes pronunciamentos:

– Declárase que os demandados son responsables das deficiencias que se detallan no informe pericial que se acompaña xunto coa demanda, coas precisións realizadas nos fundamentos xurídicos quinto, sexto e sétimo da presente resolución.

– Que se condene os demandados á reparación, conxunta e solidaria, das deficiencias existentes no edificio Botica, nos termos que sinala o informe pericial achegado xunto coa demanda, na forma sinalada nos fundamentos xurídicos quinto a sétimo da presente resolución, e subsidiariamente, de iniciarse actuacións por parte dos propietarios que eviten a derriba polo Concello, que se condene a entidade demandada a indemnizar a parte demandada ao pagamento do importe previsto no informe pericial para a correcta execución destas coas precisións sinaladas no fundamento xurídico quinto e sexto.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que, contra ela, cabe interpoñer recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao que se notifique esta resolución, que deberá presentarse perante este xulgado para que sexa resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra, de conformidade ao previsto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e expídase testemuño para incorporalo ás actuacións.

Por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Fincas Cañiza, S.L., esténdese a presente para que sirva de notificación.

Ponteareas, 6 de marzo de 2015