Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14234

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 7 de abril de 2014 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, no cal se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 14.1 da Orde do 7 de abril de 2014 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Pontevedra, mediante resolución da xefa territorial, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 7 de abril de 2014. A relación de subvencións concedidas atópase no anexo desta resolución.

Vigo, 12 de marzo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

Anexo

Beneficiarios: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións (ámbito provincial).

Aplicación orzamentaria: 2014.11.06.313A.481.0.

Orzamento: 40.000 €.

Beneficiario

Provincia

Proxecto

Concedido

Asoc. Xuntanza Xuvenil

Vigo

Mes de/a okupación moceiril

4.000,00 €

Asoc. Rec. e Cult. Marexada

Bueu

Xuvemprende: unha iniciativa para o tempo libre

4.000,00 €

Asoc. Eira Vella

Ribadumia

Nós todos 2014

4.000,00 €

Asoc. Xuv. Xentenova

Vigo

Bule-Bule

4.000,00 €

Centro Xuvenil Abertal

Vigo

Anímate a animar

2.700,00 €

Down Vigo

Vigo

Grupo autoxestores

4.000,00 €

Asoc. Juv. Tambre

Pontevedra

Cordas

4.000,00 €

Asoc. Xuv. Xogos de Rol Cancerbero

Vigo

Plan de actividades 2014

4.000,00 €

Asoc. Valga Bule

Valga

A lagoa que nos une

3.000,00 €

Asoc. Down Pontevedra Xuntos

Pontevedra

Actívate 2014

3.000,00 €

Ateneo Sta. Cecilia-Club Unesco

Marín

Escola de Verán

2.420,00 €

Club Montañeiros Celtas

Vigo

Móllate: a auga nos espazos naturais galegos e deportes de montaña

180,00 €