Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14232

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de marzo de 2015 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

Esta consellería, segundo a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, que sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

  • Céltiga. 1925-1926. 5,75 €.
  • A universidade. Raíces e desafíos de futuro. 15 €.
  • Cadernos Ramón Piñeiro (XXV). Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro. 7 €.
  • Álvaro Cunqueiro (1911-1981). 6,70 €.
  • Croa. Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga (núm. 23, ano 2013). 11 €.
  • A obra narrativa en galego de Fortunato Cruces. 7 €.
  • Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos. 16 €.
  • Cadernos Ramón Piñeiro XXVI. Rosalía na cobiza do lonxe. 5,60 €.
  • Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía. 6,50 €.
  • A restauración no museo. Criterios e intervencións. 10 €.
  • Museo do Castro de Viladonga. 10 €.
  • Sur le dandysme aujourd’hui. Del maniquí en el escaparate a la estrella mediática. 20 €.
  • Mingos Teixeira. Galicia na alma. México no corazón. 13 €.
  • Manual práctico de documentos administrativos e xurídicos. 15 €.
  • Curso de linguaxe xurídica. Nivel superior. 12,32 €.
  • Curso de linguaxe xurídica. Nivel medio. 12,32 €.
  • Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Cartas a Fermín Penzol. 7,70 €.
  • Informe de literatura 2012 (CD). 8,20 €.
  • Cadernos de fraseoloxía galega 15. 9,50 €.