Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 35/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 35/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luís Pérez Romano contra Manuel Romano Sampedro e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

1. Ofrecida por José Manuel Señarís Veiras a cantidade de 53.100 euros e sendo inferior ao 50 por cien do valor de taxación e inferior á cantidade por que se despachou execución, incluída a orzada para xuros e custas, en virtude do establecido no artigo 670.4 da LAC, acordo dar traslado ao executado polo prazo de dez días, co fin de que presente terceiro que mellore a oferta ofrecendo cantidade superior ao 70 por cento do valor de taxación ou que, aínda inferior ao devandito importe, resulte suficiente para lograr a completa satisfacción do dereito do executante.

2. Tendo en conta que o executado se atopa en paradoiro descoñecido, o traslado anteriormente referido verificarase mediante publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Romano Sampedro, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial