Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (695/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 695/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Lestón Lariño contra Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Pablo Lestón Lariño, contra Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., debo declarar e declaro que a extinción do contrato de traballo do demandante efectuado pola demandada con data do 24 de xullo de 2014 constitúe un despedimento improcedente e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Monte Louro Pro Cons Servi, S.L. a se ater a esta resolución, e a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 44,12 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 2.338,36 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario optase entenderase que procede a readmisión.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase aplicar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior sentenza entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

A secretaria xudicial