Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2014/0199-4, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2014/0199-4.

Acta: I362014000077051.

Empresa: Promociones Ezequiel Massoni, S.L.

NIF: B-36 122 166.

Enderezo: Tomás A. Alonso, 140, baixo; Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 11.1.b) en relación co disposto no artigo 7.3, ambos do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, en relación co disposto no anexo IV, parte C, punto 3.b), así como o anexo II, puntos 4.2.2 e 4.2.4 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo; artigo 201 do V Convenio colectivo do sector da construción, aprobado por Resolución do 28 de febreiro de 2012, e artigo 14.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.23.b), 39.3.a), 40.2.b), 12.28.c), 39.6, 11.5 e 40.2.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 13.2.2015.

Resolución: multa de 5.346 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o ao día seguinte da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 23 de marzo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo