Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14642

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación provisoria da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 7 de abril de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG núm. 68, do 8 de abril), para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Proceder, de conformidade co disposto na base II.2.6, á publicación da baremación provisoria da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, dos aspirantes que presentaron a documentación. A relación das puntuacións obtidas recóllese no anexo desta resolución.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.6 da convocatoria, contra a baremación os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as

Baremación provisoria da fase de concurso.

DNI

Apelidos e nome

Puntuación
total

Puntuación
base II.2.1

Puntuación
base II.2.2

78799903V

Fandiño Silva, Susana

0,20

0

0,20

32834434W

Fernández Márquez, Diana

12,13

10,53

1,60

35308118J

Juncal Caldas, Luisa María

35,41

33,21

2,20

46902586C

López Carracelas, Ruth

2,55

1,35

1,20

53302726L

Maroñas Lorenzo, Cristina

3,20

0

3,20

34982053L

Nespereira Rodríguez, Beatriz

0,60

0

0,60

36100693P

Pardo del Río, Águeda

8,54

5,94

2,60

33330317M

Vázquez Díaz, Carlos

27,25

25,65

1,60