Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14644

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2015 pola que se nomea persoal emérito do Servizo Galego de Saúde.

O Decreto 36/2010, do 11 de marzo, modificado polo Decreto 97/2012, do 16 de marzo, e modificado tamén polo Decreto 170/2014, do 26 de decembro, regula o procedemento para o recoñecemento, con carácter excepcional, da condición de persoal emérito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como os dereitos inherentes a este recoñecemento e o réxime de actividades deste persoal.

Preténdese así recoñecer o prestixio e a importancia profesional de profesionais sanitarios xubilados/as, así como facilitar, durante o período de tempo establecido e mentres as condicións de saúde llelo permitan, a existencia dunha relación activa coa institución sanitaria de adscrición, realizando funcións de consultoría, asesoría e formación, aproveitando desa forma a experiencia e os coñecementos adquiridos durante a vida laboral previa á súa xubilación.

Tanto o Decreto 36/2010, do 11 de marzo, modificado polo Decreto 97/2012, do 16 de marzo, e modificado tamén polo Decreto 170/2014, do 26 de decembro, como a Orde do 27 de outubro de 2010 que o desenvolve, establecen que, unha vez elaborada a proposta de nomeamento pola comisión de valoración creada para o efecto, a Xerencia do Servizo Galego de Saúde a elevará á persoa titular da consellería, quen procederá, se é o caso, ao nomeamento do persoal emérito.

A Orde do 27 de xullo de 2010 establece que o nomeamento de persoal emérito que se pode realizar anualmente será como máximo de seis (6) persoas.

De acordo co anterior, no uso das facultades atribuídas polo Decreto 36/2010, do 11 de marzo, modificado polo Decreto 97/2012, do 16 de marzo, e polo Decreto 170/2014, do 26 de decembro; e os decretos 41/2013 e 43/2013, do 21 de febreiro, polos que se establece, respectivamente, a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Nomear como persoal emérito as persoas que figuran no anexo da presente resolución por un período dun ano, que se poderá prorrogar, como máximo, por outro período de idéntica duración.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Nome e apelidos

Centro asignado

Alfonso Castro Beiras

Estrutura organizativa de Xestión Integrada da Coruña

Juan Santiago Medina Henríquez

Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Santiago