Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14646

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3239/2013).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3239/2013 desta sección, seguido por instancia de María Dolores Reguera Reguera contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Grupo de Empresas Álvarez, S.A., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado por María Dolores Reguera Reguera contra a sentenza ditada o 29 de maio de 2013 polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra en autos número 442/2012 seguidos á súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Grupo de Empresas Álvarez, S.L. e con anulación das actuacións posteriores ao momento de notificarse ás partes a sentenza de instancia, declárase firme esta, inadmitíndose o recurso formulado por razón da contía.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo de Empresas Álvarez, S.A., con último domicilio coñecido en Pontesampaio, s/n, Pontevedra, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de marzo de 2015

A secretaria xudicial