Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14593

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 31 de marzo de 2015 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Por proposta da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, o nomeamento de María Isabel Maroño Vázquez como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación do sector pesqueiro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar