Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14650

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (553/2014).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Manuel Díaz Alvaredo fronte a José Manuel Díaz Díaz, Marisol Díaz Díaz e Hilda Díaz ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Sarria, 27 de xaneiro de 2015

Vistos por Diana Vales Laguna, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Sarria, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 553/2014 en que interviñeron, como demandante Manuel Díaz Alvaredo, asistido da súa letrada María José Rigueiro Arias e representado pola súa procuradora Reyes Abella García, e como demandados José Manuel Díaz Díaz e Marisol Díaz Díaz, asistidos da súa letrada María José García Arias e representados pola súa procuradora Ana María López Vila, e Hilda Díaz, quen non compareceu ao acto da vista e foi declarada en rebeldía procesual, tendo por obxecto unha división de cousa común e liquidación de comunidade.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda e debo declarar e declaro disolta a comunidade de propietarios que forman Manuel Díaz Alvaredo e José Manuel Díaz Díaz, Marisol Díaz Díaz e Hilda Díaz, decreto o cesamento inmediato do proindiviso en que se encontran os inmobles descritos no feito primeiro da demanda, acórdase proceder á venda dos devanditos inmobles en pública poxa, con participación de licitadores estraños, debendo repartirse o prezo que se obteña entre Manuel Díaz Alvaredo e José Manuel Díaz Díaz, Marisol Díaz Díaz e Hilda Díaz nas proporcións expresadas no feito segundo da demanda, logo de liquidación dos gastos devindicados e que se devindican, e debo condenar e condeno a José Manuel Díaz Díaz, Marisol Díaz Díaz e Hilda Díaz a estar e pasar polas anteriores declaracións. Sen facer expresa imposición de custas a ningunha das partes, debendo cada unha delas aboar as causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial de Lugo, sendo necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así por esta a miña sentenza, que se notificará en legal forma ás partes, cuxo orixinal se levará ao libro de sentenzas deste xulgado deixando as actuacións testemuño literal desta, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E encontrándose a demandada Hilda Díaz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Sarria, 28 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial