Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14652

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (77/2013).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 77/13, seguido por instancia de Quesos Hnos. Gamazo Carbajosa, S.A. fronte a Juan Elías Rodríguez Rodríguez, ditouse sentenza cuxo extracto é o seguinte:

Sentenza

Tui, 26 de xaneiro de 2015.

Vistos por Estefanía Elena Peña Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, os presentes autos de xuízo ordinario 77/2013, seguidos a instancia de Quesos Hnos. Gamazo Carbajosa, S.A., representada pola procuradora dos tribunais María Lima Durán, en substitución de María Crende Rivas, e defendida pola letrada Andrea Rodríguez Vicente, en substitución de Isaac Trapote Fernández, contra Juan Elías Rodríguez Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada pola procuradora dos tribunais María Crende Rivas, en representación de Quesos Hnos. Gamazo Carbajosa, S.A., contra Juan Elías Rodríguez Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, debo:

Condenar e condeno a Juan Elías Rodríguez Rodríguez a aboar a Quesos Hnos. Gamazo Carbajosa, S.A. a suma de 5.318,93 euros. A devandita cantidade devindicará os xuros moratorios do artigo 7 da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, desde a data de interposición da demanda, isto é desde o 12 de marzo de 2013, e os xuros procesuais desde a data da presente resolución.

Sen condena en custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá no prazo de vinte días na forma prevista no artigo 458 da Lei de axuizamento civil, sendo preceptiva para a súa admisión a constitución de depósito na forma legalmente prevista.

E encontrándose o devandito demandado, Juan Elías Rodríguez Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 27 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial