Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0091/2015-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0091/2015-PPM e catro máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, situada na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 23 de marzo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0091/2015-PPM.

Persoa interesada: Miguel Borja Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 30, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0118/2015-PPM.

Persoa interesada: José Lema Pose.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Campo do Rueiro, s/n, Traba, Laxe.

Expediente: PSC-CO-0119/2015-PPM.

Persoa interesada: José Álberto Cotos Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida da Corbeira, bloque 1, pt. 3, 5º I, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0121/2015-PPM.

Persoa interesada: Víctor Martínez Rodríguez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 21, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0138/2015-PPM.

Persoa interesada: María Jesús Chans Cao.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000, A Ponte Pasaxe, A Coruña.