Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Alfonso Conde Carreira e outros (expediente PA 133/2015).

A entidade pública empresarial Augas de Galicia recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, ao abeiro do procedemento abreviado 133/2015 que se segue no dito xulgado, un decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto por Alfonso Conde Carreira, Eloy Rodríguez Castaño, Ramón López Penas, Francisco Javier García Ares, Jesús Carlín Lago, Gonzalo Manuel Louzao Cajide e Juan Carlos Aboy Constela contra a inactividade da Administración pola inexecución do Acordo do 18 de decembro de 2008 subscrito entre o organismo autónomo Augas de Galicia e as organizacións sindicais con representación no Comité Intercentros CC.OO., UGT, CIG e CSI-CSIF.

De conformidade co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, mediante por esta resolución publícase que Augas de Galicia acordou a remisión da documentación administrativa solicitada polo órgano xudicial para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que deste xeito son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela (PA 133/2015) no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia