Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14927

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra de acondicionamento e sinalización da ciclovía da ruta turístico-termal e da auga da eurorrexión transfronteiriza Chaves-Verín (treito Verín-Feces de Abaixo), termos municipais de Verín e Oímbra, no marco do proxecto Eurorrexión termal da auga, integrado no Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (Poctep), cofinanciado nun 75 % con fondos Feder da Unión Europea.

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de acondicionamento e sinalización da ciclovía da ruta turístico-termal e da auga da eurorrexión transfronteiriza Chaves-Verín (treito Verín-Feces de Abaixo), termos municipais de Verín e Oímbra, no marco do proxecto Eurorrexión termal e da auga, integrado no Programa operativo de cooperación transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (Poctep), cofinanciado nun 75 % con fondos Feder da Unión Europea, cun tipo de licitación de 684.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria á cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se xulguen procedentes, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 6 de abril de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense