Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO das bases xerais reguladoras dos procesos selectivos e bases específicas das prazas da oferta de emprego 2014.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 50, do 13 de marzo de 2015:

– Prazas de persoal funcionario:

• 1 praza de técnico/a de xestión, encadrada na escala de Administración xeral, subescala xestión e integrada no grupo A, subgrupo A2, por promoción interna

• 1 praza de administrativo/a, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integrada no grupo C, subgrupo C1, por promoción interna.

• 1 praza de oficial de vías e obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais e integrada no grupo C, subgrupo C2, por promoción interna.

Redondela, 16 de marzo de 2015

Javier Bas Corugeira
Alcalde