Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da actualización do inventario municipal de bens inmobles.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 26 de febreiro de 2015, aprobou inicialmente a actualización do inventario municipal de bens inmobles de titularidade do Concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar inicialmente a actualización do inventario municipal de bens inmobles de titularidade do Concello do Porriño.

2º. Requirir da empresa adxudicataria a tramitación da inscrición no Rexistro da Propiedade e no Catastro dos bens inmobles obxecto de actualización».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información pública por un prazo de trinta (30) días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos e páxina web do concello, para os efectos de que os interesados presenten as reclamacións e suxestións que se xulguen convenientes.

O Porriño, 3 de marzo de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde