Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de subministración do equipamento ofimático para a nova sede do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 por cento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, medida 53.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo de internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21724

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.14.SU.026.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: a subministración do equipamento microinformático para o novo centro CIAE 112 Galicia. Esta contratación comprende tanto a subministración do equipamento como os servizos de soporte deste equipamento.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 115.702,58 €; importe total: 140.000 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de marzo de 2015.

b) Data de formalización: 27 de marzo de 2015.

c) Adxudicataria: Ingeniería Gallega de Telecomunicaciones, S.L. (Ingatel).

d) Importe de adxudicación: importe neto: 109.917,35 €; importe total: 133.000 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias