Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de febreiro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha quinta multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación (expediente IU3/148/2011-E1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 24 de novembro de 2014, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2006/127-0, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 22.10.2007, 1.10.2009, 1.3.2010, 28.9.2011, 6.8.2012 e 12.3.2013, nas cales se lles ordenaba a demolición dunha nave industrial, no lugar de Graveira-Casanova, no termo municipal de Coles, por resultar incompatible co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Maderas Cordeiro, S.A. e Maderas Rías Baixas, promotoras da dita construción, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ás citadas, interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística