Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de marzo de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa para a construción e explotación de depuradora de mariscos solicitada por Triñanes e Pego, S.L., no dominio público portuario de Castiñeiras (expediente 12-47-14-C-1).

Triñanes e Pego, S.L. solicita unha concesión administrativa para a construción e explotación de depuradora de mariscos e instalacións de subministración de combustible a embarcacións, no dominio público portuario de Castiñeiras, segundo o proxecto básico para a construción da depuradora de mariscos Trimar, asinado por José Ramón Boo Pego (colexiado nº 2600) e polo enxeñeiro técnico industrial Pablo Vidal Vázquez (colexiado nº 2532) en outubro de 2014.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com .

A Coruña, 25 de marzo de 2015

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia