Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de marzo de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se lles require a retirada dos mobles dunha vivenda desocupada de titularidade do Instituto a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente C-1-CD/79, conta 70).

Requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na avenida Glasgow nº 20-7º D, do concello da Coruña, para que, unha vez acreditados, os retiren do inmoble no prazo de quince (15) días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega do enxoval deberán dirixirse á Sección de Inspección e Sancións da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Expido, asino e selo este anuncio.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña