Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a solicitude de declaración das augas termais denominadas Os Penedos número 99, situadas no concello de Cenlle (Ourense).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense dá a coñecer que por petición do Concello de Cenlle foi solicitada a declaración das augas termais denominadas Os Penedos, con número de rexistro 99, que se sitúan no lugar As Hortas, coordenadas UTM (ED50-Huso 29) X: 581.454; Y: 4.687.405 do concello de Cenlle.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, e no artigo 4 do Real decreto 402/1996, do 32 de outubro, da Xunta de Galicia.

Ourense, 9 de marzo de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense