Número de expediente: IN407A 2015/085-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS na estrada AC-406 p.q. 18+500.
Concello: Val do Dubra.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, con orixe no apoio nº 68-2 da LMTA existente NEG-803 (expediente 27.323), condutor tipo RHZ1-20L 2/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na LMTS ao CS para instalar polo cliente.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 25 de marzo de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña