Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica o acordo de incoación de procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego desta consellería, por solicitude da interesada e trámite de audiencia á interesada, da entidade Azetanet, S.L. (número de censo 15H02384), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á Azetanet, S.L. o Acordo do 19 de febreiro de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, de incoación de procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, por solicitude da interesada e trámite de audiencia á interesada, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria.

«Acordo de iniciación de procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego por solicitude da interesada e trámite de audiencia á interesada.

Azetanet, S.L.

Rúa Gambrinus, número 101, módulo 0, nave 3.

15008 A Coruña.

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Azetanet, S.L. no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar

Antecedentes:

Primeiro. A entidade Azetanet, S.L., CIF B15732837, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número de censo 15H02384, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ADGD0108

Xestión contable e xestión administrativa para auditoría

28.11.2012

ADGD0110

Asistencia na xestión de procedementos tributarios

28.11.2012

ADGD0208

Xestión integrada de recursos humanos

28.11.2012

ADGD0210

Creación e xestión de microempresas

28.11.2012

ADGD0308

Actividades de xestión administrativa

28.11.2012

ADGG0308

Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas

28.11.2012

ADGG0408

Operacións auxiliares de servizos administrativos xerais

28.11.2012

ADGG0508

Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

28.11.2012

ADGN0108

Financiamento de empresas

28.11.2012

SSCF11

Metodoloxía da formación aberta e a distancia

25.11.2009

SSCS40

Comunicación en lingua de signos española

25.11.2009

Segundo. O 6 de febreiro de 2015, Azetanet, S.L. presentou escrito (Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Rexistro de Traballo e Benestar, Santiago de Compostela; entrada 2452/RX 243767), no cal renuncia a inscrición da empresa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, que estaba autorizada para impartir as seguintes especialidades formativas: ADGG0408, ADGD0308, ADGD0108, ADGD0210, ADGD0208, SSCF11, SSCS40, ADGG0308, ADGG0508, ADGN0108, ADGD0110, e solicita que sexa baixa o antes posible na Consellería de Traballo e Benestar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A competencia para iniciar e resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 110, do 9 de xuño).

Segundo. O artigo 8.1.d), do Decreto 106/2011, establece que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, dos centros e entidades no suposto de solicitude do interesado.

Terceiro. O artigo 75 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón que se acordarán nun só acto todos os trámites que, pola súa natureza, admitan unha impulsión simultánea.

Con base en todo o anterior,

ACORDO:

Iniciar o procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, por solicitude da interesada, do número de censo 15H02384 da entidade Azetanet, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, póñolle de manifesto a dita causa de baixa e comunícolle que dispón dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao de recepción da notificación, para que alegue e presente os documentos e as xustificacións que xulgue pertinentes.

Notifíqueselles aos interesados este acordo para o seu coñecemento e efectos oportunos».

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación