Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 24 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente de revogación de oficio da autorización de inicio de actividade e de cancelación da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (expediente administrativo BS103F 2014/000107-0) e no expediente de autorización de cesamento de actividades (expediente administrativo BS103F 2014/000105-0), devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás entidades que a seguir se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola Secretaría Xeral Técnica no expediente de revogación de oficio da autorización de inicio de actividade e de cancelación da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (expediente administrativo BS103F 2014/000107-0) e no expediente de autorización de cesamento de actividades (expediente administrativo BS103F 2014/000105-0), porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmase de que contra a dita resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a Consellería de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO

Nº de expediente

Data da resolución

Contido

Entidade

Enderezo

Representante

DNI representante

BS103F 2014/000107-0

26.2.2015

Resolución da revogación de oficio da autorización de inicio de actividade do Programa de axuda no fogar Gerisantiago Sociosanitaria e cancelación da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

E-5671-Gerisantiago Sociosanitaria, S.L. (CIF B70193420)

Travesía Fontaldeiro, 4, portal B, 1º A (Ames)

Ángel Mario Urresti Ameneiro

44811849Y

BS103F 2014/000105-0

3.2.2015

Resolución da autorización de cesamento de actividades do Programa de axuda no fogar Josefa Celia

E-2021-Josefa Celia Rodríguez Calleja (CIF 38786814M)

Rúa Gasset, 29, baixo (A Pobra do Caramiñal)

Josefa Celia Rodríguez Calleja

38786814M