Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións e disolucións de varias sociedades agrarias de transformación.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas e disoltas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Herbón Núñez, SAT nº 1309 XUGA, na asemblea xeral do 22 de xaneiro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Marcos Herbón Núñez, presidente; Manuel Herbón Díaz, secretario; Mercedes Núñez Núñez, José Manuel Herbón Núñez e Miguel Herbón Núñez como vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Casa Fernando, SAT nº 1122 XUGA, na asemblea xeral do 18 de decembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Anular a acta da asemblea celebrada con data do 1 de decembro de 2014.

2. Aprobar a alta como socio de Fernando Docampo Sánchez que achega un capital monetario por importe de 24.040,40 €.

Como consecuencia da incorporación do novo socio, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Docampo Sánchez 118 títulos 70.920,36 € de capital social

Rosa Mosquera Cerqueiro 118 títulos 70.920,36 € de capital social

María Sánchez Pardo 118 títulos 70.920,36 € de capital social

Fernando Docampo Mosquera 40 títulos 24.040,80 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 236.801,88 € e estará representado por 394 xustificantes nominativos de 601,02 € cada un deles», o que deixa unha reserva dispoñible de 3,94 €.

4. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto social pola cal o número de membros da Xunta Reitora pasa a ser de catro.

5. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Docampo Sánchez, presidente; Rosa Mosquera Cerqueiro, secretaria; María Sánchez Pardo e Fernando Docampo Mosquera como vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Vila Alborés, SAT nº 1044 XUGA, na asemblea xeral do 31 de xaneiro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a modificación da acta da asemblea celebrada o 10 de decembro de 2014.

2. Aprobar a alta da socia Eva Vázquez Grille que compra 117 títulos do socio Miguel Alvite Iglesias.

Como consecuencia desta alta e transmisión de títulos, o capital social ascende a 547.722,13 € repartidos en 913 títulos de 601,01 € cada un, e queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Miguel Alvite Iglesias

110 títulos

66.111,10 € de capital social

Lidia Hermelinda Alvite Bermúdez

221 títulos

132.823,21 € de capital social

Abel Vázquez Blanco

109 títulos

65.510,09 € de capital social

María Grille Sande

109 títulos

65.510,09 € de capital social

Pablo Alvite Alvite

247 títulos

66.111,10 € de capital social

Eva Vázquez Grille

117 títulos

70.318,17 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por seis membros e serán nomeados por un período de catro anos.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Miguel Alvite Iglesias, presidente; Lidia Hermelinda Alvite Bermúdez, secretaria; Abel Vázquez Blanco, Pablo Alvite Alvite, María Grille Sande, Eva Vázquez Grille, como vogais.

d) A sociedade agraria de transformación Andión, SAT nº 1009 XUGA, na asemblea xeral do 9 de febreiro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Jesús Rodríguez Cortón, presidente; Carlos Isaac Neira Iravedra, secretario; Sara Huertas Hermida, Mª Jesús Díaz Vidal e Senén Neira Iravedra como vogais.

e) A sociedade agraria de transformación ganadería Xesbar, SAT nº 1411 XUGA, na asemblea xeral do 11 de decembro de 2014 que ratifica a do 21 de maio de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar unha ampliación de capital por importe de 220.698,84 € entre os seis socios que constitúen a sociedade.

Como consecuencia da ampliación do capital, este queda distribuído da seguinte forma:

Francisco Gómez Iglesias

238 títulos

146.312,88 € de capital social

Ricardo López Castiñeiras

119 títulos

73.156,44 € de capital social

Francisca Dubra Castro

119 títulos

73.156,44 € de capital social

José Bello Liste

119 títulos

73.156,44 € de capital social

María del Carmen Fariña Lamas

119 títulos

73.156,44 € de capital social

Pilar Mesías López

238 títulos

146.312,88 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 585.251,52 € e estará representado por 952 xustificantes nominativos de 614,76 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a renovación da Xunta Reitora será cada seis anos e a renovación parcial con proporcionalidade de cargos cada tres anos.

4. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Francisco Gómez Iglesias, presidente; José Bello Liste, secretario; Ricardo López Castiñeiras, Pilar Mesías López, Mª del Carmen Fariña Lamas e Francisca Dubra Castro como vogais.

f) A sociedade agraria de transformación Decor-As Guimaras, SAT nº 963, na asemblea xeral do 31 de decembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: David Martínez Martínez, presidente; Rosa Quintas Nogueira, secretaria-interventora e Jorge Rodríguez Couñago como vogal.

g) A sociedade agraria de transformación O Recuncho, SAT nº 1416 XUGA, na asemblea xeral do 30 de decembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Rafael Cid Ançay que vende a totalidade dos seus títulos ao pretendido novo socio Jonathan Cid Ançay.

2. Aprobar a modificación dos datos persoais da socia Chantal Mireille Cid Ançay que pola obtención da nacionalidade española modificou os seus apelidos e se lle concedeu un documento nacional de identidade, polo que no sucesivo os datos correctos da socia son os seguintes: Chantal Mireille Ançay Abbet con DNI/NIF: 49708948-Z.

Como consecuencia da baixa e alta dun socio, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Chantal Mireille Ançay Abbet 10 títulos 1.000 € de capital social

José Luis Cid Núñez 10 títulos 1.000 € de capital social

Jonathan Cid Ançay 10 títulos 1.000 € de capital social

3. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Chantal Mireille Ançay Abbet, presidenta; José Luis Cid Núñez, secretario e Jonathan Cid Ançay como vogal.

h) A sociedade agraria de transformación Berdón, SAT nº 1156 XUGA, na asemblea xeral do 31 de xaneiro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a diminución do capital social da socia Ana Asorey Vales nun título con valor nominal de 441,26 €.

2. Aprobar a baixa do socio José Manuel Vázquez González que vende os 100 títulos dos cales é titular entre os restantes socios.

3. Aprobar a alta da socia Milagros Hermida Surribas que compra 100 títulos cun valor nominal de 441,26 €, cada un deles, á socia Rosario Barral López que causa baixa na sociedade.

Como consecuencia destas baixas, alta e compravenda de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Juan José Dosión Hermida 133 títulos 58.687,58 € de capital social

Ana Asorey Vales 133 títulos 58.687,58 € de capital social

Milagros Hermida Surribas 133 títulos 58.687,58 € de capital social

4. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 176.062,74 € e estará representado por 399 xustificantes nominativos de 441,26 € cada un deles».

5. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros e a renovación farase pola metade, cada tres anos.

6. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan José Dosión Hermida, presidente; Ana Asorey Vales, secretaria e Milagros Hermida Surribas como vogal.

i) A sociedade agraria de transformación Cabo da Vila, SAT nº 1052 XUGA, na asemblea xeral do 1 de febreiro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está formada por: Juan Carlos Escanlar Andrade, presidente; Ana Belén Táboas Teijeiro, secretaria; Manuel Escanlar Braña, tesoureiro e María Fe Andrade Paredes como vogal.

j) A sociedade agraria de transformación Bendoiro, SAT nº 923 XUGA, na asemblea xeral do 25 de febreiro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Jorge Sobrino Lorenzo, presidente; Salvador Sobrino Golmar, secretario e Mª Rosario Lorenzo Bertolo como vogal.

k) A sociedade agraria de transformación Grande, SAT nº 1247 XUGA, na asemblea xeral do 29 de xaneiro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio José María Díaz Rodríguez que vende a totalidade dos seus títulos entre os restantes socios.

2. Aprobar a ampliación de capital por importe de 20,00 € que se corresponden con dous títulos.

Como consecuencia da baixa e ampliación de capital social este queda distribuído da seguinte forma:

Fernando González Álvarez 6.975 títulos 69.750,00 € de capital social

Fernando González Fariñas 6.975 títulos 69.750,00 € de capital social

Elda Fariñas Loredo 6.975 títulos 69.750,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 209.250,00 € e estará representado por 20.925 títulos nominativos de 10,00 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros, elixidos por un período de catro anos.

5. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Fernando González Fariñas, presidente; Fernando González Álvarez, secretario e Elda Fariñas Loredo como vogal.

l) A sociedade agraria de transformación Pumariño, SAT nº 1396 XUGA, na asemblea xeral do 8 de febreiro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta do socio Tomás Rodríguez Rivadulla a quen lle son vendidos os 1.261 títulos da socia Divina Rivadulla Taboada que causa baixa na sociedade. O comprador desembolsará o importe dos títulos nos prazos especificados na acta de asemblea.

2. Aprobar a baixa de Divina Rivadulla Taboada.

3. Aprobar a venda de 408 títulos do socio José María Rodríguez Pérez ao pretendido novo socio Tomás Rodríguez Rivadulla. O comprador desembolsará o importe dos títulos nos prazos especificados na acta de asemblea.

Como consecuencia desta alta, baixa e compravenda de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José María Rodríguez Pérez 1.669 títulos 83.450,00 € de capital social

Tomás Rodríguez Rivadulla 1.669 títulos 83.450,00 € de capital social

Francisco Manuel Seoane Marzoa 1.669 títulos 83.450,00 € de capital social

Ana María González Cabado 1.669 títulos 83.450,00 € de capital social

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Francisco María Seoane Marzoa, presidente; José María Rodríguez Pérez, secretario; Ana María González Cabado e Tomás Rodríguez Rivadulla como vogais.

m) A sociedade agraria de transformación Fontixón, SAT nº 996 XUGA, na asemblea xeral do 4 de marzo de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan Carlos Otero Castro, presidente; Julia Naval Pérez, secretaria; Carlos Otero Castro e Mª Josefa Castro Peña como vogais.

n) A sociedade agraria de transformación El Llano, SAT nº 993 XUGA, na asemblea xeral do 5 de marzo de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Josefa Blanco López, presidenta; José Ramón Méndez Blanco, secretario e José Méndez Palacios como vogal.

o) A sociedade agraria de transformación Ganadería Madanelo, SAT nº 1063 XUGA, na asemblea xeral do 20 de febreiro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Fernández García, presidente; José Ángel Pérez Vega, secretario; Ricardo Fernández Barreira, vogal-tesoureiro; María Gloria Vega López e María García Rodríguez como vogais.

p) A sociedade agraria de transformación Os Herdeiros, SAT nº 1015 XUGA, na asemblea xeral do 2 de marzo de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que esta integrada por: Manuel García Montoto, presidente; Borja Sesto García, secretario; Beatriz Cacheda Bueno, María Aurora Troitiño Pájaro e Carmen Montoto Fontao como vogais.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación Terras do Centiño Productos do Campo, SAT nº 1420 XUGA, na asemblea xeral do 12 de febreiro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: María del Carmen Rodríguez Rodríguez, Ernesto Boizán Rego e Juan José Gladón Rodríguez.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria