Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do alugamento dun local sito na rúa Prolongación de Juan de la Cierva número 11, polígono da Grela, na Coruña, con destino a almacén de arquivos, mobiliario e aparellaxe.

De conformidade e en cumprimento do disposto no artigo 101.3 da Lei de saúde de Galicia, Lei 8/2008, do 10 de xullo, que permite ao Servizo Galego de Saúde o arrendamento directo dos inmobles que sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións coa obriga de publicar o anuncio e a adxudicación no Diario Oficial de Galicia, agás naqueles casos en que polas peculiaridades do ben non sexa precisa a publicación do anuncio, pola necesidade de arrendar un inmoble determinado.

En virtude do establecido no Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a contratación do alugamento con base nas peculiaridades do ben dunha nave sita na rúa Prolongación de Juan de la Cierva nº 11, do Polígono da Grela, na Coruña, con destino a almacén de arquivos, mobiliario e aparellaxe da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

A Coruña, 19 de marzo de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña